Creo que hoxe é o día adecuado para escribir a miña primeira publicación en galego normativo, ou sexa, o galego que é ensinado nos institutos galegos e que a Real Academia Galega recoñece. Fixen, incluso, un vídeo que publiquei nas miñas redes sociais e que obtivo eloxios entre alguns galegos que coñezo.
Todos os anos, o Día das Letras Galegas, que ademais é festivo en Galicia, é dedicado a unha personalidade galega que se distinguiu polo seu activismo en defensa do galego. Este ano tocoulle a Xela Arias, falecida precozmente no 2003, con 41 anos. No meu vídeo, con todo, eu quixen alertar os galegos para a necesidade de protexer o galego, se posible achegándoo ao portugués. Neste momento, a sociedade galega padece unha diglosia que cada vez máis puxa o galego para a desaparición. Os nenos falan menos en galego e incluso nos medios rurais comezamos a verificar que o galego e o castelán se mesturan. A fronteira entre cada un queda máis tenue, e o prexudicado é o galego, a lingua máis fraca nesta relación de supremacía. Para axudar a incrementar o uso e dominio do galego, poderíase cumprir coa Lei Paz-Andrade, do 2014, que, por exemplo, promovía a difusión da televisión portuguesa en Galicia. Ata agora. Non hai vontade política.
O Día Internacional Contra a LGBTfobia segue facendo todo sentido en países nos que as persoas LGBT son perseguidas. Miramos o Oriente Medio e alí mesmo atopamos países que condenan homosexuais e transexuais á morte. Por aquí, pola Europa Occidental, a discriminación desapareceu dos ordenamentos xurídicos, pero frecuentemente manténse no cotidiano de mozos, e menos mozos, vítimas de acoso e agresións verbais, emocionais e ata físicas. A loita contra a LGBTfobia faise diariamente, previndo, axudando, denunciando.
me a encantado :) muy bien
ResponderEliminarAbrazo
Sería “me HA encantado”, e non “a”, pero eu non escribín en castelán. Fíxeno en galego, e estás comentando en castelán. :)
EliminarUnha aperta!
Viver e aprender ;)
EliminarAbraço amigo
É certo.
EliminarExtraordinariamente parecido ao português!
ResponderEliminarMoi parecido, pero con diferenzas apreciables a nivel da ortografía. Hai moitas semellanzas sobre todo co portugués falado no norte do país.
Eliminar