A semana pasada houbo unha polémica en Galicia despois dunha xuíza ter negado a custódia dun cativo á sua nai coa xustificación de que o neno iría crecer na Galicia profunda, e foi este o argumento que utilizou na súa decisión, que foi amplamente comentada pela prensa e nas redes sociais. Claro que isto tivo unha repercursión mói grande en Galicia, que é unha rexión histórica rural, sobre todo, provocando indignación na xente. O que muitos dixeron, e con algunha razón, é que un neno non necesita da cidade para ser feliz. Eu entendino doutra forma. Realmente, non necesitamos dunha cidade para ser felices, pero tampouco podemos ignorar a realidade: as oportunidades están nas cidades. O rural queda cada vez máis deserto, sen xente ou servizos. É unha realidade á que non debemos ignorar, e probablemente foi ese o entendemento da maxistrada. A expresión que usou non foi feliz, e iso ela ignorouno.
Eu vivo na Galicia profunda, a 70km da cidade máis próxima. Unha vila preciosa, por certo, pero estou consciente de que aquí non hai nada, aínda menos traballo; vivimos aquí porque M. obtivo a súa interinidade no centro de saúde, ou sexa, un posto fixo. Aínda que sexa médico, antes traballaba aquí e alí, nunha e noutra vila. A vida de médico non é tan fácil como a xente pensa, e menos en inicio de carreira. Para o que estudan, os profisionais de saúde merecían máis consideración do estado e da sociedade.
O feito de recoñecer que no rural galego non hai nada non quita a responsabilidade ao estado central e ao goberno autonómico, que deben facer máis para promover os servizos necesarios ás xentes que viven no interior. Evidentemente, un maxistrado debe ter en consideración a vontade presumida do menor, no caso, e o que sexa mellor para o seu futuro. A súa ponderación, independente, pode colidir coa sensibilidade popular, pero eu quero crer que non o fixo de modo arbitrario. A verdade pode ser cruel.
Texto escrito en galego.
Sem comentários:
Enviar um comentário